Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 me...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Plan de acción 2010 en materia FLOSS

A promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas, máis alá de ser unha tendencia na Administración Pública, é considerada estratéxica por parte do Goberno da Xunta de Galicia.

Deste xeito, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS), que contribuirá a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptará medidas para poñer a disposición da sociedade e do tecido empresarial software libre propiedade da Administración e axudará a coordinar a todos os axentes que compoñen o ecosistema galego do FLOSS.

Liñas estratéxicas

As principais liñas estratéxicas da Administración Autonómica destinadas a impulsar e dinamizar o software libre e de fontes abertas en Galicia son:

  • Impulsar unha oferta de solucións baseadas en FLOSS de calidade, facendo fincapé en dar resposta a sectores estratéxicos.
  • Impulsar a implantación efectiva dos estándares abertos, que permitan a coexistencia con aplicativos de software propietario.
  • Fortalecer os mecanismos de formación e difusión respecto aos modelos de desenvolvemento de software libre e de fontes abertas e as súas vantaxes competitivas.

Liñas de acción específicas

Froito dun traballo sinérxico entre os principais axentes de promoción do FLOSS en Galicia, dentro da estratexia integradora da SXMIT, concretáronse as liñas xerais de actuación nunha serie de actividades ben dimensionadas e coordinadas no seu conxunto conformando o plan de acción en materia FLOSS para o ano 2010.

Estas accións a desenvolver para o impulso das tecnoloxías baseadas en FLOSS en Galicia, que se iniciarán no ano 2010 e terán continuidade en anos sucesivos, non deben entenderse como un impulso illado, senón que están enmarcadas e aliñadas cos traballos a desenvolver no Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia.

As principais liñas de acción recollidas no plan de acción en materia FLOSS para o ano 2010 son:

  1. Achegar o software libre e de fontes abertas ás pemes Galegas.
  2. Fomento do repositorio de software libre e de fontes abertas de Galicia.
  3. Fomento da interoperabilidade e da reutilización da información do sector público.
  4. Fomento do uso do FLOSS na Administración pública.
  5. Potenciar o emprego do FLOSS na educación primaria e secundaria.
  6. Fomento do uso do FLOSS na educación universitaria.
  7. Fortalecer outros mecanismos de formación e difusión do FLOSS.
  8. Elaboración dun Plan de acción a medio e longo prazo.

Para coñecer con maior detalle o alcance destas accións está dispoñible para a súa descarga:

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas