Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Observatorio arrow Subvencións
Subvencións PDF Imprimir Correo-e

http://www.mancomun.org/images/M_images/rss.png Para estar ao tanto das novas subvencións que incorporemos nesta sección subscríbete á mesma pulsando na imaxe anterior.

A continuación preséntase unha listaxe coas subvencións da Xunta de Galicia e do goberno central nas que se valora a utilización de Software Libre en distintos ámbitos.

 

  • Consellería de Inovación e Industria.
Convocatoria de subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN520A).
 
  • Instituto Galego de Promoción Económica.
O Instituto Galego de Promoción Económica vén de facer públicas as súas axudas Programa de Apoio á Innovación das Pequenas e Medianas Empresas (Programa Innoempresa) que inclúen a posibilidade de adquirir e adaptar software por parte das empresas e dos organismos intermedios empresariais. O prazo para solicitar estas axudas remata o día 16 de xullo.
 
  • Consellería de Inovación e Industria.
Convocatoria de subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.
 
  • Consellería de Traballo
A Consellería de Traballo concederá axudas a empresas que teñan a consideración de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, poderán beneficiarse das subvencións as compañías que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde a súa cualificación como proxecto empresarial.
 
  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información
A Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información convoca axudas para o investimento das empresas galegas na sociedade da información. Poderanse acoller a estas subvencións empresas do sector TIC e empresas de carácter xeral.
 
  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información II
A Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información convoca axudas para promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. Poderanse acoller a estas subvencións asociacións sen ánimo de lucro, universidades e colectivos de persoas desfavorecidas.
 
  • IGAPE
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de publicar unhas axudas para empresas desenvolvedoras de código aberto. Subvencionaranse proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software "encastradas", en código aberto dirixidos á mellora da produtividade e a introducir as TIC na PEME. 
 
  • Secretaría Xeral de Comunicación
A Secretaría Xeral de Comunicación convoca axudas a entidades sen ánimo de lucro para a  adquisición de equipamento audiovisual e multimedia para crear medios de información electrónica. Deste xeito subvencionarase a adquisición de computadores, equipos audiovisuais e multimedia e a creación de páxinas web en galego.  O último día para presentar as solicitudes é o 31 de marzo.
 
Na web da secretaría xeral podes atopar os diferentes impresos necesarios.
DOG: 28/02/2007
        
  • Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información. 

Axudas para a realización de proxectos de I+D correspondentes ás seccións, programas, subprogramas e accións estratéxicas enunciadas na convocatoria.

Entre elas destaca o Programa Nacional de Tecnoloxías de Servicios da Sociedade da Información, Suprograma Nacional de e-contidos e Accións estratéxicas de e-inclusión, e-asistencia e sobre software de código aberto.

BOE 06/02/2007.

  • Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega fai pública unha convocatoria que pretende animar ás entidades privadas sen ánimo de lucro a que realicen actuacións encamiñadas a aumentar o uso social da lingua galega a partir do seu emprego no eido da familia, da infancia e da mocidade.

DOG 09/01/2007.


  • Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia.[Pechada]

Concurso para a creación dun portal de servizos e promoción do comercio exterior. 

Este portal terá que ter coma software de base un sistema operativo Linux, un xestor de bases de datos PostgreSQL e un servidor web Apache, ademais doutras esixencias técnicas.

O concurso está valorado en 210.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio no DOG.
Os pregos pódense descargar desde a Web da Xunta

DOG 13/10/2006.


  • Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia.[Pechada]

Concurso para a elaboración dun corrector gramatical para o galego, de código aberto e adaptado ao OpenOffice.org.

O importe do contrato é de 52.000€ e resolverase mediante concurso aberto. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no DOG.
Os pregos con toda a información pódense descargar desde a Web da Xunta.

DOG 13/10/2006.


  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.[Pechada]

Concurso para a contratación de servizos para a creación e posta en marcha dun portal de servizos avanzados de información e promoción para as PEMES. No prego de condicións técnicas do concurso especifícase que o software de base será:

1. Sistema operativo Linux.
2. Xestor de bases de datos PostgreSQL.
3. Servidor web Apache.
4. Servidor de correo Postfix + Courier-IMAP con SASL + OpenSSL.

Por outra parte, esíxese á empresa adxudicataria que entregue o código fonte desenvolvido.

DOG 19/07/2006.


  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.[Pechada]

Axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Subvención dun 10% máis para proxectos realizados con soporte de código aberto.

DOG 27/03/2006.


  • Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia. [Pechada]

Axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. Subvenciónanse os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

A: Concellos con menos de 6000 habitantes:

 

O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • O galego será a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis.
  • Mantemento do portal a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto.
  • Cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA.
  • Os documentos dispoñibles estarán en formato pdf.

DOG 30/05/2006 - A. Aberta ata 23/06/2006 ou esgotamento do presuposto adxudicado.

B: Concellos con menos de 6000 habitantes:

 

O portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:

  • Espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación
  • Ferramentas para a interrelación cidadana: foros, chats, correo electrónico...
  • Información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda...
  • Información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.

 DOG 30/05/2006 - B. Aberta ata 30/06/2006


  • Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia. [Pechada]

Axudas destinadas a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información, en réxime de concorrencia competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro dos criterios de avaliación para a concesión das axudas inclúese o emprego e difusión do software libre.

DOG 06/04/2006.


  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.[Pechada]

Axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Subvención dun 10% máis para proxectos realizados con soporte de código aberto.

DOG 27/03/2006.


  • Instituto Galego de Promoción Económica. Xunta de Galicia. [Pechada]

Axudas do instituto á mellora da produtividade empresarial mediante a innovación, cooperación e modernización do tecido produtivo en réxime de concorrencia competitiva.

Inclúe un apartado para axudas a proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.

DOG 27/02/2006.


  • Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información. [Pechada]

Axudas para a realización de proxectos de I+D correspondentes ás seccións, programas, subprogramas e accións estratéxicas enunciadas na convocatoria.

Entre elas destaca o Programa Nacional de Tecnoloxías de Servicios da Sociedade da Información, Suprograma Nacional de e-contidos e Accións estratéxicas de e-inclusión, e-asistencia e sobre software de código aberto.

BOE 03/03/2006.





ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement