| Software Libre na PEME |
|
|
|
|
Un dos pilares fundamentais para o impulso do Software Libre é a creación dun tecido empresarial propio que sirva de soporte ós diferentes ámbitos da sociedade galega. Polo tanto, é necesario avanzar no apoio e dinamización dun sector empresarial que é estratéxico. Actualmente estanse a estudar os planos específicos para as empresas existentes de Software Libre en Galiza e para as empresas do sector informático que desexen abrir novas liñas de negocio co Software Libre. Asemade, estanse valorando diferentes accións e recomendacións, froito dos estudos realizados por este Observatorio, para facilitar a creación de novas empresas de Software Libre localizadas en Galiza. Incialmente, mancomun.org quere recoller tódalas iniciativas empresariais adicadas a este modelo de negocio. Con esta intención creamos un formulario para que calquera empresa que oferte Software Libre na súa carteira, e estea interesada en formar parte do noso directorio de PEMES de Software Libre de Galiza , poda darse de alta. |


» Software Libre na PEME 





















