RSS enviar por correo-e Imprimir

Patrocinadores e colaboradores do Premio ao mellor PFC con Licenza Libre

Patrocinadores

 

VI edición do Premio é patrocinada polo CIXUG e a asociación GPUL ao abeiro das actividades desenvolvidas con cargo aos respectivos convenios de colaboración asinados coa AMTEGA para a promoción e difusión do Software Libre en Galicia.

O CIXUG achega 1.500€ e a asociación GPUL achega 750€.

Colaboradores

Como se menciona na presentación do premio, a Xunta conta coa inestimable colaboración dos diversos axentes do ecosistema do software libre galego dos distintos ámbitos de actuación relacionados cun premio universitario de software libre, como son a propia universidade, o sector empresarial e a comunidade.

Así nesta ocasión, ademais da propia Xunta de Galicia a través da Oficina de Coordinación de Software Libre, participan as seguintes entidades en diversas actividades relacionadas coa organización do premio, como por exemplo colaborando na difusión do mesmo, ofrecendo apoio e axuda aos participantes sobre as mellores prácticas á hora de levar adiante un proxecto de Software Libre, axuda coa elección de licenza, das ferramentas de traballo colaborativo ...

As Universidades Galegas

UDC

USC

Uvigo

 Sector empresarial


 Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

 

 

Se calquera empresa, institución, entidade, ... ten interese en colaborar nesta ou en futuras edicións do Premio ao mellor PFC con Software Libre, pode poñerse en contacto coa Oficina de Coordinación de Software Libre ou a través do formulario de contacto deste mesmo portal.

 

 

 

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas