
A Xunta de Galicia convoca a VI edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre (SwL) correspondente ao ano 2013 que se rexerá polas seguintes bases de participación.
A Xunta de Galicia convoca este importante premio dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do Software Libre na cidadanía galega recollidas no Plan de Acción en Materia de Software Libre 2013.
A Xunta da así continuidade dende o ano 2012 á iniciativa promovida pola empresa Igalia nas edicións anteriores dende o ano 2007 co obxectivo de darlle un novo pulo ao premio integrando nel aos distintos axentes do ecosistema do software libre galego coa mesma estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións de dito Plan de Acción.
Dada a orientación deste premio aos estudantes do Sistema Universitario Galego, a Xunta de Galicia considerou que o mellor para incrementar o achegamento e difusión do premio entre o estudantado universitario sería contar coa colaboración da OSL do CIXUG para a organización do premio.
O obxectivo da convocatoria deste premio é concretamente o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, de xeito que poida incrementar o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías, e en consecuencia abrirlles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que ademais das cuestións éticas e de compartición do coñecemento relacionadas co Software Libre, este constitúe un área de traballo en crecemento.
Con esta iniciativa a Xunta desexa continuar premiando a labor que están a realizar os universitarios galegos á vez que se pon en valor o traballo que realizan durante o seu Proxecto Fin de Carreira.
Poderá optar ao premio calquera estudante matriculado nalgunha das titulacións de primeiro ou segundo ciclo do Sistema Universitario Galego, que teña presentado e defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira (Proxecto de Fin de Grao), cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2012/2013, ben sexa ordinaria ou extraordinaria.
Ademais para poder participar neste premio o PFC deberá cumprir os seguintes requisitos:
Tamén poden participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.
O prazo de inscrición para participar no premio estará aberto ata o 31 de outubro de 2013.
Os pasos necesarios para presentar o PFC ao premio son os seguintes:
O Premio ao mellor PFC con Software Libre terá unha dotación económica de 1.000€. Ademais, se o xurado o considerase adecuado, podería concederse tamén un accésit de 500€.
O premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reúna, segundo a opinión do xurado, a calidade mínima necesaria.
O xurado do premio estará composto por:
O xurado, á hora de tomar a súa decisión, terá en conta os seguintes aspectos:
Hai que recordar que este premio non trata só de recompensar a un proxecto tecnicamente bo, senón a un bo proxecto de software libre.
Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado fará unha primeira avaliación dos proxectos presentados, e poderá en función do número de participantes, facer unha selección dos finalistas que acudirán ao acto de resolución do premio.
O día do acto de resolución do premio, que será anunciado coa debida antelación, os finalistas terán que realizar unha breve presentación ante o xurado, do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincapé nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro ...
O xurado terá a posibilidade de realizar as preguntas que estime oportunas a cada un dos finalistas logo de realizadas as súas presentacións. En base a isto o xurado deliberará e emitirá a súa resolución respecto da concesión do premio.
A decisión do xurado será inapelable. O feito de presentar a candidatura ao premio supón a aceptación expresa destas bases.