RSS enviar por correo-e Imprimir

Premio ao mellor PFC con Licenza Libre

 

O Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira feito con Software Libre ten como meta o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Este premio, que vai pola súa VI edición, ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar unha importante carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio.

Dende o ano 2012 este premio é convocado e organizado pola Xunta de Galicia como parte do seu Plan de Acción en materia de Software Libre, para o que conta coa colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego dentro da estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións de dito Plan de Acción.

Ademais este ano 2013 a Xunta de Galicia considerou que o mellor para incrementar o achegamento ao estudantado universitario sería contar coa colaboración da OSL do CIXUG para a organización do premio dado a súa integración no Sistema Universitario de Galicia e sendo os estudantes universitarios os seus destinatarios.

Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira (ou Fin de Grao), cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico indicadas nas bases.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas