| Obxectivos |
|
|
|
|
Mancomún (Def. na Galipedia, a wikipedia en galego): Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns. Aínda que a acepción máis empregada é para referirse a unións de concellos ou veciños ("montes en mancomún"), tamén pode empregarse en expresións como "traballar en mancomún" co significado de traballar para conquerir unha propiedade colectiva.
Neste sentido, mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. Os eixos principais de mancomun.org están baseados nun modelo de traballo colaborativo, compartido, aberto e estandarizado, público, transparente e de calidade.
|


» Obxectivos 





















