Son usuario agradecido dos Mac, forzado de Windows e con intención de ir pasando a linux. Como uso os ordenadores para traballar non podo polo de agora prescindir de ningún. E estou tentando conseguir un triple boot nun macbook pro recen mercado usando Galinux como o Ubuntu (xa hai bastantes experiencias de triple boot con ubunto na rede pero nada con Galinux).
O caso e que cando chego a parte na que preciso inserir o cd de arranque de Galinux pois ...non sei que facer: o LiveCD non vai (cando intento iniciar dende o disco atoase, creo que, no recoñecemento dunha unidade de disco externo e non pasa, dando un erro e obrigándome a apagar o ordenador); a versión para windows e un .exe que non me vai servir posta nun cd; o instalador universal avisa de que non pode convivir con outros sistemas no mesmo disco xa que debe escreber o MBR.
A pregunta sería se hai algunha forma de crear un cd/dvd que sirva para este propósito.
Por se alguén lle interesa estou seguindo os pasos que dan en manzanitaq. wordpress.com.
Graciñas

Sindicación RSS: