Bo día Lois
O CESGA ten un convenio en vigor ata final de ano para o apoio ás actividades de promoción do software libre en Galicia. Neste convenio se inclúe que se realizarán actuacións co propósito de manter actualizada a tradución ao galego dun escritorio multimedia, polo que ata ese momento seguiremos coordinando as traducións das aplicacións polas que preguntas.
O que tamén podemos dicir dende aquí é que temos implicación persoal nestes procesos e que, se finalmente mancomún non continúa, nós si poderemos continuar realizando estas tarefas como membros da comunidade de tradución e axudar a que o conseguido ata o de agora non se perda.
Un saúdo