Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > OpenOffice.org > Asistencia > Apaño para poñer o OO do ubuntu en galego
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Autor: iacaca
Enviado: 05 Xan de 2007 - 10:14
Asunto: Apaño para poñer o OO do ubuntu en galego
Con este útil apaño podes usar o bonito openoffice do (k)ubuntu en galego, polo menos o meu kubuntu 6.10 co openoffice actualizado polo actualizador á versión 2.0.4.

Como seguramente saberedes, a versión linux do openoffice que se descarga desde aquí ten unha interface moi fea (parecida a do windows 95). En cambio, a interface do openoffice que ten o kubuntu (e supoño o ubuntu porque teñen os mesmos pacotes) é moi bonita e en xeral o rendemento é mellor.

Primeiro o que fixen foi descargar os pacotes debian de traducción, pero ao intentar instalalos diciame que non se podian instalar porque entraban en conflito co propio openoffice :( .

Despois o que fixen foi, co alien, pasar os pacotes a tar.gz cun tipico [code:1]alien -t ficheiro[/code:1]

Logo, descompriminos nun cartafol e abrin o konqueror como root e fun cambiando os cartafois e ficheiros dos pacotes (que aparecen no caratol opt) polos cartafoles e ficheiros donde está o openoffice instalado (en /usr/lib/openoffice) e xa está.

Incluso engade a axuda e o dicionario.

Que teñades sorte e feliz ano novo a todos!
Autor: mancomun
Enviado: 08 Xan de 2007 - 10:10
Asunto: Re:Apaño para poñer o OO do ubuntu en galego
Ola iacaca:

O apaño ese é coñecido por nós en mancomun.org pero ten un problema. Agora che explico:

Nos usamos ese apaño para probar a facer o paquete de idioma galego de Debian 64 bits.

Todo foi sen problema mentras a versión do openoffice de Debian que había no sistema (2.0.4) era a mesma que a dos ficheiros que nos lle puxemos por enriba co método que ti describes.

O problema xurdeu fai uns días cando apareceron actualizacións da versión do OpenOffice de Debian e aplicamos as mesmas.

A nova versión era a 2.0.4.dfsg.2-2 e non coincidía coa de mancomun (2.0.4) entón o sistema non puido configurar as actualizacións do OpenOffice nin todas as que tiñas pendentes (unha deles o servidor X).

Entón comprenderás que tivemos que desintalar o openoffice e volvelo a instalar para que acabara de configurar todas as actualizacións do apt-get.

Por iso so recomendamos esa solución que ti provés se o usuario se sinte con capacidade para resolver o tipo de problemas que lle poden xurdir..

De todas maneiras, gracias pola túa información que seguro a máis de un usuario lle servirá.

Un saúdo,
mancomun.org
Autor: iacaca
Enviado: 08 Xan de 2007 - 05:10
Asunto: Re:Apaño para poñer o OO do ubuntu en galego
Ai claro, pero e que eu xa tiña aplicada a última versión, e por iso non deu problema. Ademais por se acaso sacara unha copia de todos os arquivos que modifiquei.
Se alguén segue o meu apaño que saque unha copia de seguridade dos arquivos de /usr/lib/openoffice, para que no caso de que se vaia actualizar non de problemas co apt-get (no meu caso o adept)
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas