Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > OpenOffice.org > Asistencia > instalación corrector
Comentarios totais: 7 - Páxinas (1): [1]
Autor: emioo
Enviado: 26 Abr de 2007 - 12:20
Asunto: instalación corrector
Ola: remato de instalar Openoffice 2.2 e non consigo que funcione o corrector ortográfico nin en galego nin en castelán. Polo que vexo na resposta anterior, no meu caso cando en opcións selecciono galego non aparece "abc" ao seu lado e nos módulos non aparece o módulo de galego. Instalei o corrector de mancomun, se instala correctamente sen ningún erro pero non funiciona. Como podo facer para que funcione o módulo de galego?
Autor: mancomun
Enviado: 26 Abr de 2007 - 09:46
Asunto: Re:instalación corrector
Ola Emioo:

Polo que nos contas parece que o corrector non está instalado. Necesitamos algo máis de información para saber o que acontece:

- Poderías indicarnos como fixeche para a instalación do corrector? Usaches o asistente?
- Por outra parte, poderías indicarnos con que sistema operativo estás traballando?

Saúdos.

mancomun.org
Autor: emioo
Enviado: 26 Abr de 2007 - 05:59
Asunto: Re:instalación corrector
Ola de novo: para instalar o corrector baixei o arquivo da páxina de mancomun e usei o asistente para instalar o arquivo zip. Estou traballando con windows XP.
Autor: mancomun
Enviado: 27 Abr de 2007 - 10:36
Asunto: Re:instalación corrector
Ola Emioo:

Os pasos que sigues son os correctos (entendemos que tamén reiniciache o OpenOffice). Que versión de OpenOffice tes?

Saúdos.

mancomun.org
Autor: emioo
Enviado: 27 Abr de 2007 - 04:25
Asunto: Re:instalación corrector
Ola de novo: verifiquei as cousas e instalei de novo e parece que agora aparece o galego en opcións>idiomas coas letras "abc" ao seu carón, antes non aparecía. Na sección opcións>idiomas cambio o idioma a galego en todas as seccións pecho aceptando e me di que ao reiniciar o programa estará cambiado. Antes de reiniciar vou ao documento e o corrector funciona perfectamente correxindo as faltas. Reinicio o programa e ao facelo de novo non corrixe porque en opcións>idioma de novo está en español por defecto. Polo que parece non conserva o cambio ao galego.
Estou usando o Openoffice 2.2 a última versión dispoñible en mancomun con windoows xp.

Un saudo e grazas.
Autor: mancomun
Enviado: 30 Abr de 2007 - 08:51
Asunto: Re:instalación corrector
Ola de novo Emioo:

Vou explicar un detalle que igual lle serve a máis xente:

Se o idioma do teu sistema operativo é o Galego, ao instalar o OpenOffice.org xa poñerá por defecto todas as configuracións en Galego; pero se pola contra tes o Windows XP en castelán, o idioma por defecto dos documentos será o castelán. Entón hai que cambiar este comportamento.

Para iso hai que ir ás Opcións do OpenOffice.org, Configuracións de Idioma, Idioma, Idioma predefinido para Documentos e seleccionar o Galego.

Isto cambiará as opcións para os documentos que se xeneren a partir de ese momento.

Para os documentos xa xerados, hai que ir a opción de Editar, Seleccionar todo. Unha vez con todo o texto seleccionado ir a opción de Formato, Carácter e seleccionar o Galego.

Con estas configuracións non deberías ter problema.

Saúdos,
mancomun.org
Autor: emioo
Enviado: 09 Mai de 2007 - 12:09
Asunto: Re:instalación corrector
Ola de novo: parece que devo ter algún trasno metido por algún lado porque esto non vai. Fixen todo o indicado, incluso volvín instalar o OpenOffice de novo, dúas veces, e nada. Cando vou a opcións está todo en galego menos Interface que pon "Predifinido" e "Idiomas predefinidas para documento" que aparece en español. Cambio estas opcións a galego e todo funciona correctamente, corrixe o texto que está en pantalla nese momento. Pecho o programa e volvo reinicialo e non conservou o cambio.Este parece ser o problema, non conserva o cambio por defecto a galego senón que hai que cambialo para cada documento cada vez que se abre o OpenOffice.

Uso windows xp en español e Openoffice 2.2 a versión que está en mancomun.org.


Grazas de novo
Comentarios totais: 7 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas