Produtos
Anterior
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Comentarios totais: 17 - Páxinas (2): [1] 2
Autor: diego
Enviado: 07 Xuñ de 2006 - 12:54
Asunto: corrector
instalei a versión do openoffice en win xp, e baixei os arquivos do diccionario e o parche, seguin as instrucións e cando vou a ferramentas ortográficas en editar non me aparece o galego, aparece predefinido o aleman xunto ao italiano, inglés, etc.
cando lle dou a corrixir un texto me di que finalizou a correción sen atopar nada.
Autor: mancomun
Enviado: 07 Xuñ de 2006 - 02:46
Asunto: Re:corrector
Ola Diego:

Pode ser que olvidaras modificar o arquivo dictionary.lst que se atopa dentro da carpeta de instalación do openoffice.org e engadirlle unha liña ao final que poña:

DICT gl ES gl_ES

*Notar que solo hai un guión baixo, o resto son espazos en branco.

Proba eso, e coméntanos

Un saúdo,

mancomun.org

Mensaxe editada por: mancomun, o: 2006/06/07 14:50
Autor: diego
Enviado: 07 Xuñ de 2006 - 02:51
Asunto: Re:corrector
non é ese o problema o arquivo está ben escrito.
Xa instalei varias veces o openoffice e sempre fixen o que pon nas instruccións. ademais o mesmo problema o teño nun pc que funciona con win 98
Autor: mancomun
Enviado: 08 Xuñ de 2006 - 01:01
Asunto: Re:corrector
Onte percatámonos de que nas instrucións de instalación do parche.tar para o openoffice.org da versión de windows, as instrucións non estaban ben detalladas (estaban dentro ficheiro parche.rar), polo que decidimos actualizar as instrucións que tiñamos na web.

O que faltaba destas instrucións era o seguinte:

-Descomprimir o parche.rar na carpeta seguinte (instalación por defecto do openoffice.org):

C:\Arquivos de programa\OpenOffice2\program

Proba a ver si é isto o problema que tes.

Saúdos,

mancomun.org
Autor: diego
Enviado: 08 Xuñ de 2006 - 01:15
Asunto: Re:corrector
Non me funcionou e xa non sei que facer, segue sen aparecer nada.
Explico máis en editar módulos non aparece o galego e en diccionarios definidos polo usuario, editar poño galego e aparece standar(galego) pero non o darlle segue sen corrixir.
Podo probar a desinstalar e volver a instalar o programa , agradecería que me dixerades os pasos partindo dende cero aínda que xa están na páxina.
Grazas
Autor: mancomun
Enviado: 08 Xuñ de 2006 - 01:27
Asunto: Re:corrector
Ola:

Por favor verifica que a pantalla de Ferramentas-> Opcións-> Configuración de idioma-> Recursos ortográficos teña a opción "OpenOffice.org Hunspell Spellchecker" que aparece na imaxe adxunta (captura.png).

Seleciona esa opción e edítaa, e na ventá de edición onde pon idioma seleccionar Galego.

Agora ben, se por defecto queres que corrixa en galego terás que activas a opción que se atopa en Ferramentas-> Opcións-> Configuración de idioma-> Idiomas, e que se chama Idioma predefinido para documentos: Occidental, e cambiar ese valor ao galego.

Proba outra vez e saúdos,

--
mancomun.org

[file name=captura.png size=103012]http://www.mancomun.org/components/com_joomlaboard/uploaded/files/captura.png[/file]
Autor: diego
Enviado: 19 Xuñ de 2006 - 08:45
Asunto: Re:corrector
Ola probei o que me dixeches pero non é iso, tamén instalei dende cero a versión desta páxina noutro ordenador e sigo sen poder facer que corrixa en galego.
Grazas
Autor: escarabello
Enviado: 06 Xul de 2006 - 09:24
Asunto: Re:corrector
Qtal!

Intentarei axudarche. Eu teño os diccionarios de galego, francés e español ... e sen problema. Fíxeno polo propio asistente que ten OOo que está en: Ficheiro>Asistentes>Instalar novos diccionarios. O máis importante de todo e que cando se abra a xanela do asistente, peches OOo E TAM?N O INICIO RÁPIDO (preto do reloj de Windows), senon non vai. O asistente conéctase a internet e te mostra tódolos diccionarios, diccionarios de sinónimos ... e ti escolles. Te baixa uns paquetes en ZIP ó cartafol: Archivos de Programa>OpenOffice.org2.0>share>dict>ooo. Os descomprimes ahi mesmo, les os ficheiros README que te explican como actualizar o arquivo dictionary.lst (como xa te dixo mancomun)... Reinicias o OPenOffice e xa está.

Logo aberto OOo vas a Ferramentas>Opcións>Configuración de idioma>idiomas e no apartado de Idiomas predefinidos para documentos ten que aparecer o galego cunha marca en "v" e as letras ABC enriba dela. Isto indícache que tes o diccionario disponibel.

Que teñas sorte.

Saúdos.
:whistle:
Autor: escarabello
Enviado: 06 Xul de 2006 - 09:28
Asunto: Re:corrector


Mensaxe editada por: escarabello, o: 2006/07/07 16:14
Autor: diego
Enviado: 07 Xul de 2006 - 08:53
Asunto: Re:corrector
Moitas grazas o probei e me funciona, o que pasa e que creo que me instalou un diccionario de galego que non é normativo, igual non é o diccionario de mancomún.
Comentarios totais: 17 - Páxinas (2): [1] 2
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas