Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > OpenOffice.org > Erros > Erro no dicionario galego
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Autor: lord_john_marbury
Enviado: 07 Nov de 2007 - 01:53
Asunto: Erro no dicionario galego
Ola!

Acabo de instalar o dicionario galego de openoffice (seguindo as instruccións do wiki) e non me recoñece termos coma «por» (sen til), «ou» ou «están», tanto tén se o fago a man como co asistente. Acabo de ver no wiki que había un ítem que marcaba ese erro pero que xusto hoxe as nove da mañá foi marcado como arranxado. Sen embargo, acabo de comprobar a data de modificación de gl_ES-pack.zip en http://openoffice.mancomun.org/libreeengalego/Corrector/ e é do 2 de Agosto, así que parece que estou facendo algo mal pero non sei o qué. ¿Algunha idea?

Estou a executar OO 2.3 (openoffice.org-core 1:2.3.0-1ubuntu5, con data do 15 de Outubro) baixo Ubuntu Studio 7.10.
Autor: fjrial
Enviado: 07 Nov de 2007 - 04:27
Asunto: Re:Erro no dicionario galego
Ola:

Como o prometido é débeda, aquí o vai:

A nova versión do corrector que corrixe os erros mencionados está dispoñible en OpenOffice.org en galego.

Se se atopa calquera problema con esta versión, por favor, comunicádelo a través da sección "Discusión" da páxina do wiki sobre o corrector.

En canto a versión esté distribuída polos mirros de OpenOffice.org procederemos a publicar a nova sobre esta versión no portal.

Saúdos
Autor: lord_john_marbury
Enviado: 07 Nov de 2007 - 04:49
Asunto: Re:Erro no dicionario galego
fjrial escribiu:

Graciñas polo aviso e perdón polas molestias que puideramos ocasionarche.


De nada home, ¡sen problema ningún! Acabo de instalalo e, efectivamente, xa funciona ben. ¡Isto sí que é soporte rápido! :)
Autor: imeneo
Enviado: 14 Nov de 2007 - 02:50
Asunto: Re:Erro no dicionario galego
Ola...

Eu tamén actualicei o dicionario a través do asistente, descargandoo directamente desde internet e deume como resultado un motón de erros ortográficos, non me recoñecía palabras como "coruña", por exemplo. Daquela primeiro baixei o dicionario e utilicei o asistente pero dicíndolle que quería instalalo a través dun paquete xa descargado, e o resultado foi positivo. Así que, como conclusión eu case comprobaría no site onde estea o dicionario para ver que sexa o correcto.

Un saúdo.
Autor: fjrial
Enviado: 15 Nov de 2007 - 02:31
Asunto: Re:Erro no dicionario galego
Pode ser debido a que a réplica polos mirrors oficiais non estivese actualizada e a descarga desde a nosa web do paquete co corrector si está actualizada.

De todas maneiras non estamos seguros de que isto sexa así.

Ademais descubrimos que na última Ubuntu ven un corrector ortográfico de galego preinstalado para OpenOffice.org que non é o noso, senón o de Ramom Flores que non é o da última normativa galega oficial.

Pode ser, e aínda é unha suposición (faltaría verificalo), que os de Ubuntu modificaran o OpenOffice que inclúen para que os repositorios dos correctores sexan uns repositorios distintos as oficiais de OpenOffice.org.

Alguén notou o mesmo comportamento que Imeneo e pode dicirnos algúns dato máis, como SO e versión de OpenOffice.org e si é a versión da distro ou a descargada da nosa web??

Graciñas e un saúdo.
mancomun.org
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas