Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Xeral > Preguntas > Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Comentarios totais: 6 - Páxinas (1): [1]
Autor: Ricardo
Enviado: 13 Set de 2009 - 08:15
Asunto: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Boas a tod@s,

Como xa comentei nalgún post anterior que puxen son un usuario recente de Ubuntu, concretamente teño Ubuntu 8.04. Merquei un disco duro externo LaCie de 500 gb. Cando o conecto o equipo non mo detecta saíndome o seguinte aviso de erro:" $LogFile indicates unclean shutdown (0,0) Failed to mount'/dev/sdb1' :Operación no soportada Mount is denied because NTFs¡S is marked to be in use. Choose one action: Choice 1: if you have windows then disconnect the external devices by clicking on the 'Safely Remove hardware' icon in the windows taskbar then shutdown Windows cleanly. Choice 2: if you don't have windows then you can use the 'force' option for your own responsibility. For example type on the command line: mount -t ntfs-3g/dev/sdb1 /media/LaCie -o force Or add the option to the relevant row in the /etc/fstab file: /dev/sdb1 /media/LaCie ntfs-3g force 0 0"

Agradecería que alguén me botara unha man pois non entendo nada do que pon no aviso o conectalo disco e teño medo a estragar algo máis.

Agradecendo de antemán a axuda.

Saúdos e grazas.
Autor: lois
Enviado: 13 Set de 2009 - 09:58
Asunto: re: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Ola, se primeiro usaches o disco en Windows, volve a conectalo a el e sae de forma correcta premendo na icona da barra de tarefas. Posiblemente despois funcione en Ubuntu.
Autor: Ricardo
Enviado: 14 Set de 2009 - 08:52
Asunto: re: re: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Hola Lois,

O disco é novo e a primeira vez que o conectei foi en Ubuntu. No equipo teño instalada unha máquina virtual con Windows, pensei que o non recoñecelo en Ubuntu si o recoñecería no Windows da máquina virtual pero tampoco o recoñece.

Grazas e apertas.
Autor: Ricardo
Enviado: 20 Set de 2009 - 06:35
Asunto: re: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Olvidóuseme engadir algo: cando o conecto vía usb o equipo o disco duro aparece en equipo e tamén en lugares.O que non me deixa e montalo, e dicir, abrilo e poder utizalo.
Autor: Lois
Enviado: 21 Set de 2009 - 02:21
Asunto: re: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Probaches a ver se funciona noutro sistema operativo?
Autor: Ricardo
Enviado: 27 Set de 2009 - 03:52
Asunto: re: re: Ubuntu non me recoñece disco duro externo
Hola,

Conseguín arranxar o problema montando e desmontando o disco nun equipo con Windows. Despois xa o recoñecía Ubuntu.

Moitas grazas pola axuda.

Apertas.
Comentarios totais: 6 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas