Boa tarde!
Velaí vai a típica pregunta de novato:
Quero iniciarme no desenvolvemento de software para aprender a facer pequenos programiñas (tipo http://hacha.org/ ) e poder así automatizar na medida do posible algunhas tarefas que teño que levar a cabo no ordenador da oficina.
As únicas experiencias que teño neste sentido, se é que se poden chamar así, foron co mítico Basic hai tropecentos anos e algo de Visual Basic (6, creo) hai bastante tempo tamén. Pero, vaia, a un nivel moi básico.
Logo o carallo é eu quero aprender a programar empregando linguaxes e ferramentas libres, e queríavos preguntar se me podedes ofrecer algunha suxestión.
(NOTA: Na oficina traballo 100% con Windows XP Profesional e na casa, de momento, tamén)
Xa me teñen recomendado Java, JavaScript, Python e C#, pero inda non teño criterio para elixir un ou outro. Vós que opinades?
Graciñas!

Sindicación RSS: