Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Xeral > Preguntas > openoffice no ubuntu en galego
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Autor: Lois
Enviado: 05 Xuñ de 2007 - 08:40
Asunto: openoffice no ubuntu en galego
Instalei ubuntu feisty fawn en galego e vén co openoffice en inglés. Baixei de mancomun o voso, traducido á nosa lingua. Teño como resultado un cartafol chamado DEB e nin idea de que facer con el para ter o Ooo en galego. Grazas anticipadas.:huh:

Mensaxe editada por: Lois, o: 2007/06/05 20:41
Autor: fjrial
Enviado: 06 Xuñ de 2007 - 07:47
Asunto: Re:openoffice no ubuntu en galego
Ola Lois:

En principio se instalas a Ubuntu en galego (a feisty fawn) o OpenOffice.org que instala debería estar en galego (comprobado); pero se non fose así o único que deberías instalar a maiores (non necesitas os paquetes de mancomun) é o seguinte:

Ou ben con Synaptic (Xestor de paquetes) ou dende un terminal, instalar os seguintes compoñentes:

openoffice.org-l10n-gl
openoffice.org-help-gl

Así terás a axuda e a interface en galego.

Para facelo dende un terminal terías que teclear o seguinte:
sudo apt-get install openoffice.org-l10n-gl penoffice.org-help-gl

Ademais, se usas o synaptic poderás atopar máis paquetes con traducións ao galego, xa que por defecto non os instala todos
(language-pack-gl-base,language-pack-gnome-gl-base,
language-support-gl)

Saúdos
Autor: Lois
Enviado: 06 Xuñ de 2007 - 09:47
Asunto: Re:openoffice no ubuntu en galego
Pois eu instalei Ubuntu Feisty Fawn en galego e as opcións de idioma para o interface son inglés, inglés (EU) e inglés (South Africa). De todos os xeitos xa o arranxei coa vosa información. Grazas.
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas