Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Galinux > Asistencia sobre Galinux > Poderei instalar Galinux nun Netbook? > re: Poderei instalar Galinux nun Netbook?
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Autor: admin
Enviado: 21 Xan de 2011 - 08:46
Asunto: re: Poderei instalar Galinux nun Netbook?
Bo día

En primeiro lugar, comentarlle que como pode comprobar na información dispoñible no portal mancomun.org , dende a saída da versión Ubuntu 10.04 LTS en abril de 2010, recomendamos empregar esta distribución por estar moito máis actualizada que a versión na que se baseaba Galinux.

Hoxe en día, para dispoñer dun escritorio multimedia libre en galego xa non é preciso instalar paquetes adicionais coa tradución ao galego de Firefox, Thunderbird, etc, eivas que pretenderon subsanarse no seu día co desenvolvemento e publicación de Galinux, sendo suficiente instalar Ubuntu 10.04 LTS ou Ubuntu 10.10.

A versión LTS terá actualizacións de seguridade durante 3 anos, ideal para contornos de produción con moitos equipos.

Se prefire empregar unha distribución máis actual coas últimas versións dos aplicativos pode empregar Ubuntu 10.10 publicada o pasado día 10 de outubro. Esta versión terá actualizacións de seguridade durante 18 meses.


Ambas versións de Ubuntu están moito máis actualizadas que Galinux, xa que conta coas últimas versións dos aplicativos e do escritorio, e que contan cunha tradución ao galego das máis completas e de mellor calidade logo dos esforzos realizados nos últimos anos e grazas ao esforzo da comunidade de voluntarios de tradución ao galego .

En relación ao netbook que nos comenta, o Airis Kira N7000, polas características que vemos na súa descrición, conta cun procesador ARM polo que de querer cambiarlle o sistema operativo tería que buscar algún que estea compilado para este tipo de procesadores. Podería probar co Ubuntu Netbook Edition que teñen en conta este tipo de procesadores, pero non ten garantía de que vaia funcionar, xa que dependerá tamén de que existan drivers para o resto do hardware do equipo (wifi, tarxeta gráfica, ...)
Neste tipo de equipos de características tan limitadas, salvo que teña ganas de trastear co equipo, o máis practico é deixar o sistema tal e como ven de fábrica para obter os mellores resultados.

Agardamos terlle axudado coa nosa resposta.

Un cordial saúdo
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas