Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > OpenOffice.org > Asistencia > instalación corrector > Re:instalación corrector
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Autor: mancomun
Enviado: 30 Abr de 2007 - 08:51
Asunto: Re:instalación corrector
Ola de novo Emioo:

Vou explicar un detalle que igual lle serve a máis xente:

Se o idioma do teu sistema operativo é o Galego, ao instalar o OpenOffice.org xa poñerá por defecto todas as configuracións en Galego; pero se pola contra tes o Windows XP en castelán, o idioma por defecto dos documentos será o castelán. Entón hai que cambiar este comportamento.

Para iso hai que ir ás Opcións do OpenOffice.org, Configuracións de Idioma, Idioma, Idioma predefinido para Documentos e seleccionar o Galego.

Isto cambiará as opcións para os documentos que se xeneren a partir de ese momento.

Para os documentos xa xerados, hai que ir a opción de Editar, Seleccionar todo. Unha vez con todo o texto seleccionado ir a opción de Formato, Carácter e seleccionar o Galego.

Con estas configuracións non deberías ter problema.

Saúdos,
mancomun.org
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas