Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Formación

Dende Mancomún consideramos que a formación ten especial importancia para axudar á promoción do uso do software libre tanto na sociedade como no empresariado galegos. Por esta razón temos unha liña de actuacións específica de apoio á formación en software libre.

Accións de divulgación formativa organizadas por Mancomún

Plan de Capacitación TIC

O propósito do Plan de capacitación TIC é capacitar á empresa TIC galega para que sexan quen de abordar proxectos de implantación e ofrecer servizos básicos de asistencia e apoio en Software Libre (ofimática, internet, ferramentas de traballo colaborativo e de publicación web).

Edición piloto: Do 13 de xuño ao 19 de xullo de 2008 celebrouse en Santiago de Compostela a edición piloto do Plan de capacitación TIC co obxectivo de dispor dunha experiencia previa que permitira adaptar os contidos do curso ás necesidades reais de formación en SwL das empresas TIC galegas.

As valoracións recibidas por parte do empresariado TIC galego, tanto durante a celebración do curso, como na “Xornada de traballo sobre a implantación de solucións libres para a PEME” mantida en Novembro de 2008 foron moi positivas. A raíz delas fixéronse as oportunas modificacións no plan e organizouse unha segunda edición.

Segunda edición: A segunda edición do Plan de Capacitación TIC en SwL levouse a cabo na cidade de Vigo entre o 17 de xaneiro e o 21 de febreiro cun total de 65 horas impartidas en sesións intensivas os venres de 16:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas.

Ademais da celebración destas edicións do curso elaborouse unha extensa documentación como apoio ao mesmo que está a disposición da comunidade no wiki e tamén na sección documentación do dvd da peme.

Documentación 

No noso wiki temos unha sección destinada a incorporar documentación xerada como axuda para a introdución ao uso de certos aplicativos, con instrucións de instalación de proxectos como o Galinux...

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas