Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Plan de accción FLOSS 2011

  • O Plan de Software Libre 2011 da Xunta de Galicia ten como obxectivo prioritario impulsar o uso do software libre no sector empresarial e na sociedade en xeral, en colaboración cos principais axentes do ecosistema FLOSS de Galicia como son as asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre ou as tres universidades galegas. Ademais a Xunta continuará tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de calado baseados en software libre. Iniciativas tan importantes como o desenvolvemento da Administración electrónica ou a integración das TIC na Educación a través do proxecto Abalar.

    Ademais do documento co plan completo no que se recollen e describen todas as actuacións previstas dende a Xunta de Galicia para o ano 2011 en materia de software libre tamén se pon a disposición a presentación na que se resumen as principais actuacións do ano 2010 así como as previstas para o ano 2011, empregado no acto de presentación do día 9 de marzo de 2011.

  • Mércores, 9 de Marzo de 2011
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas