Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Varios grupos parlamentarios realizan enmendas á LAECAP para garantir o uso de estándares abertos

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Varios grupos parlamentarios realizan enmendas á LAECAP para garantir o uso de estándares abertos PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 26 de Marzo do 2007

Varias formacións políticas (BNG, Chunta Aragonesista, CIU, ERC e IU-ICV) veñen de apoiar as enmendas que Hispalinux, asociación de usuarios españoles de Linux, propón para o proxecto de lei para o acceso electrónico dos cidadáns á administración pública (LAECAP). As reformas propostas están orientadas a garantir o emprego de estándares abertos e son basicamente dúas:

  • A eliminación da expresión "estándares internacionais aceptados" deixando que exclusivamente se fale de que as administracións públicas deben usar só estándares abertos para relacionarse cos cidadáns e a inclusión no anexo da definición de "estándares abertos" (especificacións públicas e gratuítas, libres de regalías e patentes e que teñan unha implementación de referencia baixo unha licenza libre).
  • A modificación do artigo 45 para que todas as Administracións Públicas poñan a disposición dos cidadáns e das outras administracións o software sobre o que teñen dereito baixo unha Licencia que permita que sexa usado en calquera propósito, copiado, modificado e redistribuído con ou sen cambios. Sempre que as obras derivadas garantan estas mesmas liberdades (como o fan a Licenza Pública da Unión Europea (EUPL) ou a General Public License (GPL)).

As razóns esgrimidas son o dereito dos cidadáns a desfrutar do que se sufraga co diñeiro público sempre que isto non lle produza dolo e garantir a interoperabilidade dos datos de todas as administracións locais, autonómicas, estatais e europeas.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...