Menu Content/Inhalt
» Inicio
Ubuntu estará en 9000 computadores suízos PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 07 de Abril do 2008
Desde o próximo curso, 9.000 computadores das escolas de Xenebra (Suíza) pasarán a ter Ubuntu como único sistema operativo instalado.

O xornal “Tribune de Genève”, da devandita cidade informa que desde setembro deste mesmo ano, todos os computadores escolares que actualmente teñen instalado tanto Windows como GNU/Linux pasarán a ter instalado só GNU/Linux e usarase só Software Libre.
 
Ademais de diminuír os custos de administración, os estudantes tamén poderán beneficiarse do seu uso xa que poderán utilizar as mesmas aplicacións nos seus respectivos fogares sen custos adicionais por parte das aplicacións ou o propio sistema.

Manuel Grandjean, director dos servizos de IT das escolas (Ecoles-Médias) sinala que o uso exclusivo de Software Libre “anima a participación e democratización do coñecemento e proporciona competencias de produtos independentes”. Tamén comenta que o ve como un “reforzo da igualdade de oportunidades” para os estudantes.

Fontes: Tuxpepino
             Duvet-dayz.com




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement