| Subvencións para a creación de contidos interactivos en galego |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 16 de Xuño do 2008 | |
|
A Consellaría de Cultura e Deporte vén de convocar axudas para a produción de contidos interactivos en lingua galega. O obxectivo é impulsar o uso da Sociedade da Información entre a cidadanía galega, favorecer o acceso da cidadanía mediante o incremento de contidos relacionados coa lingua e a cultura propias e reforzar a industria galega de produción de contidos. Un dos aspectos a destacar nesta convocatoria é que se valorará con ata 10 puntos o relativo á accesibilidade, á interoperabilidade, á utilización de estándares abertos e ao compromiso de liberar a totalidade ou parte dos contidos mediante licenzas tipo creative commons ou copy left que garantan o acceso público aos contidos.
As empresas de contidos interactivos legalmente constituídas poderán presentar os seus proxectos ata o 12 de xullo. Os proxectos presentados deberán ter como canle internet, a televisión dixital interactiva, as consolas de videoxogos ou dispositivos móbiles. Non se admitirán proxectos que non sexan en rede agás para os videoxogos, nin se admitirán obras de consulta, ferramentas e servizos de software, proxectos institucionais ou web corporativas, traducións de produtos existentes ou contidos meramente informativos. Para máis detalles consultar o DOG correspondente á convocatoria . Fonte: Sociedade da Información Artigos relacionados |
















