| Preséntase o Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 27 de Marzo do 2007 | |
|
O Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) que será presentado hoxe día 27 de marzo polo conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco ten coma un dos seus piares básicos o emprego do Software Libre e de estándares abertos. O PEGSI marca o camiño de entrada de Galicia nunha nova sociedade baseada nas tecnoloxías da información e da comunicación coma ferramentas para acadar o progreso social e económico da nosa comunidade. A súa adaptabilidade, o seu baixo custe ou a posibilidade de empregar ferramentas informáticas en galego entre outras razóns levaron á Xunta a considerar irrenunciable a adopción do Software Libre na administración. Galicia investirá uns 2,8 millóns de euros na adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos. Ademais a súa acción non se limitará á administración autonómica senón que promoverá o código aberto entre os concellos da nosa comunidade. Para dar pulo a este proceso a Xunta favorecerá as propostas tecnolóxicas de Software Libre e dará formación aos seus funcionarios nestas tecnoloxías. De acordo co PEGSI, a administración autonómica galega creará un comité de seguimento da adopción de estándares abertos por parte da administración pública. Elaborarase asemade un estudo estratéxico da viabilidade da incorporación do Software Libre nas plataformas tecnolóxicas da Administración. Para acadar unha maior extensión do Software Libre entre as administracións o PEGSI prevé as seguintes actuacións:
Artigos relacionados
|
















