| Parlamentarios europeos proporán unha directiva para obrigar aos estados membros a empregar SwL |
|
|
|
| escrito por Irene Touriño o Luns, 25 de Agosto do 2008 | |
|
Un grupo de parlamentarios europeos dos grupos de Esquerdas están a redactar unha proposta para a aprobación por parte da comisión europea dunha directiva que obrigue aos estados membros a utilizar exclusivamente Software Libre. Con esta iniciativa os parlamentarios pretenden forzar ás administracións públicas dos estados membros a que antes de 2010 utilicen software libre ou, naqueles casos no que non resulte posible o uso deste, a utilizar software realizado a medida polos servizos e o persoal que presta servizos en devanditas administracións. Os europarlamentarios, que entenden necesaria a medida para fomentar a eficiencia da administración e o mellor destino dos recursos, estudan se as esixencias se aplicarán exclusivamente para as administracións nacionais dos estados ou se estas poden ampliarse á administración rexional e local, en cuxo caso se aplicarían prazos máis amplos. Precisamente en España, así como en Galiza, a administración xa se decantou en diversas ocasións pola utilización de software libre pero sen que se cheguen a substituír os programas baixo licenza. Igualmente españa é pioneira no desenvolvemento de Software Libre por parte da administración rexional, existindo diversos grupos de desenvolvemento de linux dependentes de diversas Comunidades Autónomas. Fonte: La República.es Artigos relacionados
|
















