Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Os estudantes brasileiros utilizarán Linux Educacional 2.0
Os estudantes brasileiros utilizarán Linux Educacional 2.0 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008
 Unha escola australiana alonga con KDE a vida de ordenadores anticuados

Linux EducacionalPreto de 52 millóns de nenos brasileiros empregarán Linux en horario escolar, grazas a iniciativa impulsada polo Ministerio de Educación de Brasil (MEC) para a instalación desta distribución nos laboratorios do país. Con este plan a entidade gobernamental márcase como obxectivo para este ano “un computador por alumno” e a instalación de 150.000 ordenadores con KDE e Linux.

O Linux Educacional 2.0 está baseado en Debian e inclúea KDE 3,5, KDE-Edu, KDE-Games e algunhas ferramentas de desenvolvemento. Ademais incorpora un novo lanzador de aplicacións que está situado na parte superior do escritorio de KDE, semellante ao AWN (Avant Window Navigator) , tamén usado polo gOS desktop .

Espérase que 29.000 laboratorios especiais cun servidor e 7 estacións de traballo estean listas para este ano, ás que se engadirán 53.000 máis para antes de final do vindeiro ano.

Con esta iniciativa o goberno brasileiro continúa a apostar decididamente pola implantación do Software Libre.

O MEC mantén unha páxina sobre esta distribución de Linux e o contido educacional para o mesmo, nesta ligazón  

KDE tamén en Australia

 

Unha escola de secundaria en Melbourne (Australia) está a empregar KDE sobre Ubuntu coa súa propia ferramenta de configuración de escritorio, Kiosk tool . O desenvolvemento dun novo modo de configuración permitiu á escola de secundaria Westall reducir custos, un maior control das medidas de seguridade e ampliar a vida de ordenadores anticuados e previamente abandonados sen repercutir no funcionamento do software

 

 

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement