| Os estándares para o negocio serán o tema das xornadas do día da W3C |
|
|
|
|
A Oficina do W3C de España celebra o “Día W3C en España” o próximo 27 de maio en Madrid cunha xornada co nome “Standards for Business”. O obxectivo da xornada é debater sobre o presente e futuro da Web, así como compartir e coñecer experiencias relacionadas coa aplicación dos estándares no mundo da empresa. O congreso está estruturado en tres sesións:
nas que se tratarán temas como accesibilidade, independencia de dispositivo, web móbil e web semántica, entre outros.
A participación nos relatorios inda está aberta podendo enviar ponencias propias relacionadas coa temática. A asistencia como público é gratuita, só é necesario cubrir unha inscrición para a reserva de praza xa que o aforo é limitado. Este congreso celebrarase no Rectorado da Universidade Politécnica de Madrid, a cal colabora no evento xunto coa Fundación CTIC. Artigos relacionados
|
















