Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow O Software Libre gaña forza entre o goberno estadounidense
O Software Libre gaña forza entre o goberno estadounidense PDF Imprimir Correo-e
escrito por UDC o Martes, 06 de Novembro do 2007
Máis da metade do executivo dos Estados Unidos puxo en funcionamento Software Libre nas súas axencias é o 71 % xulga que empregar este software é máis beneficioso.

O 55% das persoas enquisadas comentou que nas súas axencias estiveron ou están implicados no desenvolvemento dunha implementación de Software Libre. Esta enquisa foi encargada pola «Federal Open Source Alliance», un grupo que intenta fomentar o emprego do Software Libre no goberno.
 
"O software libre está a gañar terreo no mercado federal", dixo Cathy Martin, directora do sector de iniciativas públicas en HP.

Pola contra, o 29% comentou que nunca adoptara o software libre nin pensaba facelo nos próximos 12 meses. 

A enquisa involucrou a 218 responsables de elixir as solucións de software no goberno; un dato sorprendente foi que o 88% das axencias salientou que se poderían beneficiar co emprego do software libre. Isto non resulta estraño pois a propia axencia de seguranza nacional estadounidense (NSA) leva mantendo un proxecto de Linux seguro (SeLinux).

As razóns que se salientaron para acoller o software libre son, entre outras, o acceso a características avanzadas de seguranza e poder personalizar as aplicacións.

Ligazón: http://www.networkworld.com/nldailynewsam106888




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement