| O Parlamento dille si ao Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 17 de Xaneiro do 2007 | |
|
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, escolleu o Software Libre e as novas tecnoloxías como tema do seu relatorio na próxima Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (Coprepa). Nesta importante cita institucional, Villarino dará a coñecer un plan para fomentar o uso dos programas libres entre os deputados e traballadores da Cámara. Na actualidade, o Parlamento contrata a maioría das súas aplicacións a Microsoft, malia o apoio oficial da Xunta ao Software Libre. Cómpre lembrar que o actual Parlamento gastou máis de 208.000 euros en comprarlle a cada deputado un portátil equipado con aplicacións propietarias, a pesar de que tanto PSdG como BNG incluían medidas a prol das ferramentas abertas nos seus programas electorais. A hexemonía de Microsoft na Cámara galega podería así rematar co plan anunciado. Agora ben, o grao de introdución dos programas libres non foi detallado aínda, pois fontes do hemiciclo só indicaron que será "progresiva e en diversos ámbitos". Un dos obxectivos da renovación tecnolóxica do Parlamento será "acadar unha maior participación cidadá na Cámara autonómica". Ademais, o plan estará guiado polos principios de "accesibilidade, profesionalidade, participación pública, apertura e relevancia". De cumprir o adiantado neste proxecto, o Parlamento sintonizará coas recomendacións do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información, documento que guía a política de novas tecnoloxías da Xunta. Fonte: Vieiros Artigos relacionados
|
















