| O goberno serbio aposta pola localización para promocionar o uso de aplicacións libres |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Venres, 18 de Xullo do 2008 | |
|
O Ministerio de Telecomunicacións e Sociedade da Información presentou recentemente o CP6Linux, unha distribución GNU/Linux traducida ao serbio e baseada en Debian e Ubuntu. A localización desta distribución foi realizada pola Escola de Enxeñería Eléctrica da Universidade de Belgrado. O seu nome, "срб-линукс", significa “Linux Serbio” en cirílico. Este é o proxecto máis recente de toda unha serie de traballos de localización iniciados e financiados polo ministerio co propósito de incrementar o número de aplicacións con código aberto dispoñibles na lingua do país. As tres edicións de Cp6Linux, desenvolvidas para o ámbito doméstico, empresarial e educacional, están dispoñibles tanto en latín como en latín como en cirílico. O pasado mes de xuño, o goberno serbio tamén localizou a versión de Alfresco, un sistema de xestión de contidos (CMS). Segundo explicaron os desenvolvedores, “isto achega ao ministerio un sistema de calidade para xestionar os contidos e os documentos dun xeito sinxelo”. O equipo de localización explicou tamén que a tradución de Software Libre ao serbio pode facer máis accesible á sociedade serbia o uso de aplicacións libres. A este respecto, o Ministerio de Telecomunicacións e Sociedade da Información está pensando na migración integral dos seus computadores a Cp6Linux e Alfresco. Fonte: IDABC Artigos relacionados
|





















