| O goberno rexional de Moscú migra o escritorio dos seus terminais a Software Libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 21 de Maio do 2008 | |
|
A administración rexional de Moscú migrará centos dos seus terminais a Mandriva GNU/Linux e instalará OpenOffice.org noutros mil. Un número reducido de traballadores desta administración probará previamente a potencialidade do Software Libre para a posterior migración ao resto de computadores. O proxecto piloto pretende familiarizar ao persoal da administración pública coas alternativas ao software privativo. Deste xeito, tanto o persoal administrativo como os técnicos informáticos formaranse para o uso de Mandriva GNU/Linux e OpenOffice.org. A formación e o soporte técnico para a migración serán fornecidos por unha compañía rusa, Lynx, en coordinación coa delegación rusa de Mandriva .
Artigos relacionados
|
















