Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow A LAECSP significará un avance decisivo no emprego de estándares abertos na administración
A LAECSP significará un avance decisivo no emprego de estándares abertos na administración PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 19 de Xuño do 2007
A "Lei para o Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos " (LAECSP) foi aprobada o pasado 14 de xuño no Congreso dos Deputados. O texto, anteriormente coñecido como "Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas", establece o dereito a realizar todo tipo de trámite administrativo de forma electrónica e garante que para iso sempre se poidan usar estándares abertos.

A lei inclúe prazos para a execución da lei, en concreto seis meses para a elaboración dun Plan de Implantación que se elevará ao Consello de Ministros). A LAECSP Introduce unha definición de estándar aberto próxima ao espírito do Marco Europeo de Interoperabilidade da IDABC no texto lexislativo, como xa fixeron Francia, Dinamarca, Holanda e Bélxica entre outros.
 
Cómpre salientar que o modelo do Software Libre influíu na lei ao establecer a posibilidade de auditorías sobre o código fonte das aplicacións públicas.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement