Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow O Concello da Coruña organiza 5 talleres de SWL para fomentar o galego nas novas tecnoloxías
O Concello da Coruña organiza 5 talleres de SWL para fomentar o galego nas novas tecnoloxías PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 12 de Febreiro do 2008

O Concello da Coruña vai celebrar cinco talleres enmarcados no Plan Xeral de Normalización Lingüistica co fin de «fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías e na telefonía móbil», como establece o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento autonómico o 22 de setembro do 2004.

A concelleira de Normalización Lingüística, Ermidas Valencia, explicou que con esta iniciativa, a corporación pretende «difundir, incentivar e promover o uso do idioma galego nun sector no que a eficacia é fundamental para o desenvolvemento da linguaxe». Para iso, a concellaría organiza cinco cursos en distintas asociacións da cidade dos que poderán beneficiarse ata cen persoas, que se centrarán na identificación do software libre en galego...


Os interesados en apuntarse deberán acudir ás asociacións nas que se darán os cursos, que son a de Bens-Mazaído-Comeanda, a partir do mércores 13 de 19 a 21 horas (o prazo xa está aberto); a de Agra do Orzán, a partir do día 14 de 16 a 18; a de Oza-Gaiteira-Os Castros, desde o venres 15 e de 16 a 18 horas; e a de Monte Alto, ese mesmo día de 19 a 21. Así mesmo, na Asociación de Mulleres pola Igualdade, o taller empezará o xoves da próxima semana e impartirase desde as sete ata as nove da noite.
 
Máis información na fonte orixinal en:
http://www.lavozdegalicia.es





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement