Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Munich comenza a migración cara a GNU/Linux.

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Munich comenza a migración cara a GNU/Linux. PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 22 de Setembro do 2006

Munich vén de comezar finalmente a migración dos equipos de escritorio da administración pública a GNU/Linux, un ano despois do planificado e case 3 anos despois do primeiro anuncio que fixeran das súas intencións de migrar cara o Software Libre. ...

Florian Schiessl, o coordinador do proxecto de migración na cidade de Munich, dixo este Xoves nunha entrevista que “houbo varios atrasos pero agora estamos xa a movernos firmemente cara adiante”.

Os atrasos no proxecto comezaron cando o debate das patentes de software e continuaron coas negociacións coas empresas para a configuración dos sistemas e o servizo de soporte. Ademais hai que engadir unha extensión dun ano á fase piloto debido á complexidade do proxecto.

O martes pasado comezaron a migración dos primeiros 100 PC dende MS Windows e Office a GNU/Linux e OpenOffice.org. Aínda que polo momento compatibilizan o uso dos dous sistemas operativos, agardan que nos vindeiros dous anos, o uso de Windows descenda considerablemente en favor de GNU/Linux. Recoñecen que a migración completa é “pouco realista” xa que hai produtos hardware e software na administración pública que van requirir Windows e algúns, particularmente na área de publicacións, seguirán a precisar sistemas Apple.

Agardan ter migrado 200 ordenadores á contorna libre para finais deste ano. A configuración empregada baséase en Debian GNU/Linux 3.1, KDE 3.5 e OpenOffice.org 2.

Un dos maiores retos que se lles presentan é a migración dalgúns departamentos con procesos complexos. Schiessl dixo que teñen un plan deseñado para atacar estas migracións e agardan non ter problemas e antes do fin de 2008 poder ter migrado o 80% dos sistemas de escritorio.

Outro reto está relacionado coa conversión dos formatos dos produtos Microsoft aos formatos abertos. Para solventar este problema, o equipo de Limux estableceu unhas liñas de actuación. “Con OpenOffice.org, non hai problema para abrir e ler os formatos de Microsoft, e a maioría dos documentos simples non precisan ningún procesado para o seu tratamento. Mais, nalgúns casos, pode haber perdas de formato e cómpre facerlles manualmente algunha modificación para reparar ditas perdas. Neste punto é onde se aplican as liñas de actuación creadas polo equipo do proxecto.”

Fonte: LinuxWorld






ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...