Menu Content/Inhalt
» Inicio
Máis colexios catalans terán Software Libre nos seus computadores o vindeiro ano PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 04 de Abril do 2008
Preto dun centenar de escolas de Cataluña poderán utilizar o próximo curso 2008-09 a distribución Linkat nos seus computadores, sistema ideado para o seu uso nos centros educativos e que é gratuíto.

O departamento de Educació informou de que o uso deste programa estenderase a partir do próximo mes de setembro, despois de que no curso actual sexa posto a proba como proba piloto nunha vintena de colexios.

O sistema Linkat GNU/Linux dispón dunha serie de características e aplicacións que o converten nunha ferramenta idónea para traballar nos centros, xa que inclúe aplicacións de ofimática, multimedia, Internet e xogos, entre outros, segundo informou a consellería de dirixe Ernest Maragall.


Unha das principais vantaxes de incorporar o sistema Linkat é que supón un aforro económico para os centros, xa que evita a compra de licenzas legais doutros programas informáticos.
 
             3cat24.cat 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement