Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Innovación e Industria saca a concurso o equipamento para 27 aulas PASI con Software Libre

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Innovación e Industria saca a concurso o equipamento para 27 aulas PASI con Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por Frco. Javier Rial o Luns, 18 de Agosto do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ii-dxpisi-an_small.png A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai proceder á contratación de subministro para a adquisición e instalación do equipamento tecnolóxico preciso para montar 27 aulas de formación nas novas tecnoloxías da información en outros tantos Puntos de Acceso á Sociedade da Información (PASI) da Rede de Dinamización.

As cláusulas administrativas e condicións técnicas pódense atopar desde a "Plataforma de contratación pública de Galicia":

Todo o equipamento terá que ser "completamente compatible con sistemas operativos baseados en software libre" e todo o software instalado deberá ser de código aberto e, en caso de estar dispoñible, en lingua galega.

O software a incluír é:

 

  • Sistema operativo baseado en software libre con interface gráfica de ventás e idioma galego.
  • Lector de arquivos en formato PDF.
  • Paquete ofimático en galego cos seguintes elementos que inclúa:
    -Corrector ortográfico en galego
    -Procesador de textos
    -Folla de cálculo
    -Xestor de bases de datos.
    -Editor de presentacións multimedia.
  • Gravador e reprodutor de CD/DVD.
  • Compresor e descompresor de arquivos en diversos formatos: ZIP, RAR, TAR.GZ, ...
  • Navegador de internet con soporte Java integrado.
  • Xestor de correo.
  • Programa de retoque fotográfico.
  • Cliente de mensaxería instantánea multiplataforma e multiprotocolo.
  • Antivirus.
  • Outros programas baseados en código aberto e preferentemente en lingua galega que permitan funcionalidades como: Edición web, edición de vídeo, VoIP, videoconferencia, mecanografía, cifrado, etc...


Máis información en:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=9975





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...