|
Innovación e Industria saca a concurso o equipamento para 27 aulas PASI con Software Libre |
|
|
|
|
escrito por Frco. Javier Rial
o Luns, 18 de Agosto do 2008 |
|
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai proceder á contratación de subministro para a adquisición e instalación do equipamento tecnolóxico preciso para montar 27 aulas de formación nas novas tecnoloxías da información en outros tantos Puntos de Acceso á Sociedade da Información (PASI) da Rede de Dinamización.
As cláusulas administrativas e condicións técnicas pódense atopar desde a "Plataforma de contratación pública de Galicia": Todo o equipamento terá que ser "completamente compatible con sistemas operativos baseados en software libre" e todo o software instalado deberá ser de código aberto e, en caso de estar dispoñible, en lingua galega. O software a incluír é:
- Sistema operativo baseado en software libre con interface gráfica de ventás e idioma galego.
- Lector de arquivos en formato PDF.
- Paquete ofimático en galego cos seguintes elementos que inclúa:
-Corrector ortográfico en galego -Procesador de textos -Folla de cálculo -Xestor de bases de datos. -Editor de presentacións multimedia.
- Gravador e reprodutor de CD/DVD.
- Compresor e descompresor de arquivos en diversos formatos: ZIP, RAR, TAR.GZ, ...
- Navegador de internet con soporte Java integrado.
- Xestor de correo.
- Programa de retoque fotográfico.
- Cliente de mensaxería instantánea multiplataforma e multiprotocolo.
- Antivirus.
- Outros programas baseados en código aberto e preferentemente en lingua galega que permitan funcionalidades como: Edición web, edición de vídeo, VoIP, videoconferencia, mecanografía, cifrado, etc...
Máis información en: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=9975
Artigos relacionados
|