Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Ecuador aproba o uso do SwL na administración pública
Ecuador aproba o uso do SwL na administración pública PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 14 de Abril do 2008
O Presidente da República de Ecuador, Rafael Correa, establece, mediante decreto, que a política pública para as entidades da administración pública central sexa a utilización do Software Libre nos seus sistemas e equipamentos informáticos. Neste decreto establécese tamén que, previamente á instalación do SwL nos equipos, as entidades da administración deberán comprobar a existencia da capacidade técnica para brindar soporte no uso deste tipo de software.

Permiten o emprego do software privativo unicamente no caso de non existir unha solución libre que cumpra os requirimentos necesarios, no caso de risco para a seguridade nacional ou cando se trate dun proxecto nun punto de non retorno.

Ademais  precisan cal debe ser a orde de escolla dentro do software que cumpra os requirimentos en función da nacionalidade dos provedores. Básicamente darlle prioridade aos provedores nacionais para que permitan unha maior autonomía e soberanía tecnolóxica.

Fonte:  Presidencia da Rep. Ecuador




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement