Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Dispoñible o relatorio sobre estándares na Web PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 09 de Xaneiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.pngO martes 8 de xaneiro tivo lugar en Xixón un relatorio co título “Estándares en la Web (Standards in the Web)” a cargo de Martín Álvarez Espinar.

O obxectivo era introducir aos asistentes na necesidade de estándares para facer fronte a diversidade tecnolóxica presente na Web e garantir a interoperabilidade entre aplicacións. Algúns dos puntos da presentación foron:

  • A necesidade de estándares para accesibilidade e internacionalización, “...a Web debe ser universal e para todo o mundo...”
  • ...
  • Web ubícua, “... nun futuro: un ordenador por familia, pero un (ou máis) teléfonos móviles por persoa...”
  • Web semántica para ter na web unha base de coñecemento e servizos tendo un acceso a información de forma eficiente.
  • Web de confianza, promovendo tecnoloxías que permitan seguridade, confianza, confidencialidade, ... co fin de fomentar un contorno máis colaborativo.

Debido a crecente aparición de clientes web enriquecidos tamén se falou de interoperabilidade entre aplicacións amosando mediante exemplos gráficos o fluxo de comunicación entre as distintas partes. Como remate da presentación explícase por que funcionan os estándares web e cal é o proceso de construción dun estándar.

 

Fonte e referencias:





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...