Menu Content/Inhalt
» Inicio
Dinamarca esixirá o uso de estándares abertos na administración PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 06 de Xuño do 2006

O pasado venres 2 de xuño de 2006, o Parlamento de Dinamarca aprobou por unanimidade unha resolución pola que ordena ao seu Goberno que, como moi tarde, o 1 de xaneiro de 2008 faga obrigatorio o uso de estándares abertos en informática na administración pública danesa.

Do contido da resolución pódense destacar os seguintes parágrafos: 

O Parlamento ordena ao Goberno asegurar que o uso da tecnoloxía da información, incluíndo o software, no eido das autoridades públicas baséese en estándares abertos.
O Goberno deberá garantir que toda a información e datos dixitais que as autoridades públicas intercambien cos cidadáns, corporacións e institucións estean dispoñibles en formatos baseados en estándares abertos.
Estándares abertos significa que o estándar está
- ben documentado coa súa especificación completa dispoñible publicamente.
- libremente implementable sen limitacións económicas, políticas ou legais na súa implementación e uso, e
- estandarizado e mantido por un foro aberto (unha das chamadas organizacións de estandarización) a través dun proceso aberto.

O Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación dará o primeiro paso e todos os seus documentos estarán dispoñibles en estándares abertos (OpenDocument) a partir do primeiro de Setembro de 2006.

Fonte: www.estandaresabiertos.org 





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement