| Dinamarca esixirá o uso de estándares abertos na administración |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 06 de Xuño do 2006 | |
|
O pasado venres 2 de xuño de 2006, o Parlamento de Dinamarca aprobou por unanimidade unha resolución pola que ordena ao seu Goberno que, como moi tarde, o 1 de xaneiro de 2008 faga obrigatorio o uso de estándares abertos en informática na administración pública danesa. Do contido da resolución pódense destacar os seguintes parágrafos: O Parlamento ordena ao Goberno asegurar que o uso da tecnoloxía da información, incluíndo o software, no eido das autoridades públicas baséese en estándares abertos. O Goberno deberá garantir que toda a información e datos dixitais que as autoridades públicas intercambien cos cidadáns, corporacións e institucións estean dispoñibles en formatos baseados en estándares abertos. Estándares abertos significa que o estándar está
O Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación dará o primeiro paso e todos os seus documentos estarán dispoñibles en estándares abertos (OpenDocument) a partir do primeiro de Setembro de 2006. Fonte: www.estandaresabiertos.org Artigos relacionados
|
















