Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Comeza a funcionar en Italia a comisión de software de código aberto
Comeza a funcionar en Italia a comisión de software de código aberto PDF Imprimir Correo-e
escrito por UDC o Xoves, 04 de Outubro do 2007

A Comisión Italiana de Código Aberto, creada en maio, reuniuse por vez primeira a semana pasada. Unha das súas primeiras tarefas é realizar un informe nos vindeiros seis meses sobre como incrementar o uso deste tipo de software por parte das autoridades públicas.

A comisión foi creada polo Ministerio de Reformas e Innovación como parte do seu Departamento de Innovación e Tecnoloxías, que xa dera lugar a un comité previo de código aberto en 2003. Raffaele Meo, profesor de tecnoloxías da información na Universidade de Turín, será de novo o presidente da comisión.

Un dos obxectivos da nova comisión é determinar que aplicacións de código aberto son convenientes para as autoridades públicas e que tipos de servizos TI (Tecnoloxías da Información) as requirirán. Tamén se lle pediu ao comité que traballase nun plano para incrementar o uso gobernamental, o apoio e a integración do código aberto no sector público.

A comisión é moi importante para estabelecer as directrices. Segundo declaracións do ministerio «Debería desenvolver unha estratexia para asegurar que a avaliación e a selección de software de código aberto sexa parte de calquera decisión nos sistemas TI».

A comisión dará comezo a un foro público para reunir suxestións e ideas. Beatrice Magnolfi, subsecretaria de Política de Innovación italiana, tamén pediu á comisión que revise a lexislación existente sobre o uso público do software e que propoña actualizacións.

Flavia Marzano, un dos membros da recentemente formada comisión comentou: que agardaba «que o noso traballo leve a cambios nas normas TI. En particular, nós debemos provocar que a cidade e os gobernos locais aprecien o software de código aberto. Este tipo de software é práctico non so por razóns económicas, senón que tamén reforza as comunidades locais para o desenvolvemento de pequenas empresas TI, enriquecendo o noso país.»

Fonte:

IDABC





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement