Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow Científicos europeos amosarán os avances acadados en GIS con Software Libre

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Científicos europeos amosarán os avances acadados en GIS con Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 21 de Maio do 2008

Un grupo de científicos europeos amosarán os progresos acadados no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) con códigos abertos na conferencia que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Varsovia.

Este conferencia está dirixida, entre outros, ás administracións públicas interesadas en aplicacións GIS desenvoltas con Software Libre e no seu uso. Con esta intención científicos búlgaros, húngaros, checos e polacos demostrarán a potencialidade e a utilidade destas aplicacións.

A conferencia servirá tamén para expoñer os resultados preliminares do proxecto de investigación Cascadoss. Este estudo europeo ten como propósito a avaliación e a mellora das aplicacións GIS en Software Libre.

Os investigadores están a traballar, tamén, nun informe que determine o número de administracións públicas que empregan aplicacións GIS con código aberto na Unión Europea. Segundo as previsións manexadas polos investigadores esta información podería estar dispoñible na rede antes do remate do ano.

A participación no evento é libre, pero require un rexistro previo.

Fonte: IDABC  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...