| Carrefour venderá portátiles con GNU/Linux |
|
|
|
| escrito por UDC o Venres, 02 de Xuño do 2006 | |
|
Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa . É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia. Artigos relacionados |
















