| Axudas do IGAPE para proxectos en software libre |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 25 de Abril do 2008 | |
|
O Igape, mantendo a liña seguida estes últimos anos, inclúe dentro das súas axudas económicas para empresas galegas unha convocatoria de subvencións a fondo perdido para proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto. Para optar a estas axudas a peme desenvolvedora debe presentar un proxecto de parametrización dunha aplicación de xestión empresarial libre (con licenza GPL, LGPL, MPL ou BSD). Deberá contar coa participación de cando menos 5 empresas nas que desenvolverá a fase de ensaio e adaptación. Unha vez acadado o obxectivo desta fase procederá á implantación nestas empresas ademais de establecer un compromiso de cesión e adaptación gratuíta noutras 10 empresas galegas máis polo menos. Ao remate do proxecto deberán quedar identificadas todas as empresas beneficiadas pola implantación gratuíta do aplicación mediante a cobertura dun formulario, asinado por cada un dos representantes das mesmas. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de maio. Para máis información contactar coas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 902 300 903. Tamén a través de www.igape.es ou en informa @ igape.es Fonte: Igape Artigos relacionados
|
























