Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow As tres universidades galegas traballarán coordinadamente con Mancomún

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
As tres universidades galegas traballarán coordinadamente con Mancomún PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008

Unha comisión de coordinación técnica conciliará a labor realizada por cada un dos organimos

Blanco e reitoresO Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) traballará de xeito coordinado e continuado coas tres universidades galegas. Será posible grazas ao convenio de colaboración asinado onte polo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, cos reitores das tres universidades galegas para a creación e consolidación de oficinas de software libre en cada unha das institucións académicas.

Segundo este convenio, dotado cunha partida orzamentaria de 240.000 euros para o bienio 2008-2009, cada unha das oficinas disporá dun coordinador a tempo completo responsable da coordinación con outras oficinas de software libre universitarias e co propio Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.

Para este efectos, fixarase o marco de coordinación e colaboración con Mancomún mediante a creación dunha comisión de coordinación técnica das actividades desenvolvidas polas entidades referenciadas.

As oficinas, ademais, deberán participar na incorporación de contidos á web de mancomun.org e colaborar na difusión das actividades e información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Máis información





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...