| Ames aposta polo Software Libre para os servizos da súa administración |
|
|
|
| escrito por fjrial o Xoves, 02 de Outubro do 2008 | |
|
Visto en Código Cero: "Ata un total de 165 veciños e veciñas do concello coruñés de Ames optaron pola xestión telemática para renovar a súa inscrición nas actividades deportivas municipais desta tempada, o que supón máis do 20 por cento das 800 persoas que forman este colectivo. O sistema en liña, que foi implantado por eLaboro no marco xeral da súa aposta polo software libre na administración amiense, foi ofertado por primeira vez neste concello e a súa acollida foi notoria. Segundo os datos manexados pola empresa compostelá, que tamén xestionou as bases de datos dos rexistros presenciais, o total de usuarios dados de alta nas actividades chega a 1.626 persoas. Os usuarios que preferiron realizar a súa renovación da matrícula a través da xestión telemática, puideron facelo durante calquera hora do día e evitaron así as longas esperas que padeceron os veciños que optaron pola modalidade presencial..."
Fonte orixinal da nova e máis información en: Artigos relacionados
|
















