Menu Content/Inhalt
» Inicio
A xornada do III día do emprendedor do 15 de maio contará cun bloque temático de Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 28 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/dia_emprendedor.jpg

[ Actualizado: 9 de maio de 2008 ]

O programa do itinerario de SwL do III Día Galego do Emprendedor xa é definitivo e como comenta Javi Vázquez, presidente de Agasol, no seu blogue, resulta moi interesante.

É de destacar a presenza de Eduardo Manchón, un dos fundadores da empresa española Panoramio recentemente adquirida por Google; de empresas galegas que apostan polo SwL como Igalia e Allenta ou de empresas estatais como eBox ou Ikusnet.

A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta.

__ 

O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá a celebración do III Día Galego do Emprendedor . No ámbito da iniciativa promovida dende o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a realización destas xornadas sobre emprendemento en todas as Comunidades Autónomas, o Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo fundamental de promover e alimentar o espírito emprendedor e, deste xeito, transmitir as claves que permitan emprender en Galicia nun ámbito de innovación e competitividade.

O programa incluirá diferentes bloques temáticos relacionados coas novas tecnoloxías, tanto aplicadas ao sector do granito, representado polo Proxecto de Next-Pedra, como sobre o Software Libre que estará presente da man da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) ...


Segundo AGASOL "trátase de dar contido a un máximo de catro horas orientadas a un público mozo ao que se lle ofrecerán exemplos e experiencias emprendedoras arredor do software libre. Tamén haberá espazo para as novas fórmulas de organización abertas e en rede ou a busca de financiamento para unha empresa baseada no software libre." 

Fonte:
http://www.diaemprendedor.com/
http://www.agasol.org/ga/





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement