| A Unión Europea recolle as achegas de Mancomún para sentar as bases da futura política comunitaria |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Venres, 01 de Agosto do 2008 | |
|
O portal ePractice.eu da Comisión Europea vén de publicar as conclusións do encontro europeo no que participou o coordinador do centro o pasado mes de maio
O portal ePractice.eu, o sitio que a Comunidade Europea lanzou en 2007 como punto de encontro de iniciativas europeas en materia de e-Goberno, vén de facer público o informe dos resultados, nos que se recollen as principais conclusións, como pautas estratéxicas de cara ao establecemento dunha política europea futura, forte e consolidada. Estes principios baséanse fundamentalmente nas ideas defendidas no transcurso do debate por Suso Baleato e as cales se fundamentan na experiencia previa existente en Galiza co PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información). Deste xeito, Mancomún traslada os seus principios e propostas ao marco comunitario, convertendo a política galega en modelo de referencia a nivel europeo no eido da tecnoloxía e da sociedade da información. Segundo se recolle no informe e na liña das propostas de Mancomún, a Dirección Xeral de Medios e Sociedade da Información da Comisión Europea apostará por empregar un modelo federativo que, baseado nos estándares abertos, permita o desenvolvemento do Goberno electrónico en Europa. O encontro, ao que foron convidados preto dun toal de 50 expertos procedentes de toda Europa, foi o último encontro de traballo do proxecto EUReGOV, organizado polos entidades asociadas RAND Europe e UNU-MERIT. Artigos relacionados
|







Unha Europa dixital, aberta e federativa. Con esta máxima resúmense as principais conclusións acadadas no transcurso do encontro europeo “








