Menu Content/Inhalt
» Inicio
A rede de bibliotecas de Galicia cambiará a súa faciana pública a Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 24 de Abril do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/rede_bibliotecas_galicia.jpg
O público da rede de bibliotecas de Galicia terá que interactuar, a partir do verán, con Software Libre para calquera consulta que queira realizar a través dos terminais destas entidades.

Esta realidade confírmase unha vez que a Consellería de Cultura e Deporte vén de facer público o procedemento, por concurso aberto , para o contrato de subministración de equipamentos informáticos para as bibliotecas públicas de Galicia. 

 
Segundo o anuncio publicado no DOG do 23 de maio , a Consellería de Cultura e Deporte dotará a rede de bibliotecas con novo hardware e software por importe de 100.000 euros. Aínda que os computadores para o desenvolvemento do traballo interno funcionarán, aínda, sobre sistemas operativos privativos, o resto do software basearase fundamentalmente en código aberto.

Deste xeito, os ordenadores para uso público traballarán coa última versión da distribución de GNU-Linux Ubuntu e todos os terminais, independentemente do seu uso interno ou externo, deberán vir co paquete de oficina libre OpenOffice.

A presentación de ofertas ao concurso permanecerá aberta ata o vindeiro día 10 de maio. O prego de prescripcións técnicas para o mesmo está accesible na sección de contratación administrativa da páxina web da Xunta .





ChuzaMeneameDel.icio.us!




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement